O BNG defende un modelo público de residencias para impedir que vellez sexa un negocio
Rodil : “Os contaxios nas residencias constatan a falta de anticipación da Xunta na segunda onda da COVID”
Tras a comparecencia do Presidente da Fundación San Rosendo, na comisión sobrereactivación económica, social e cultural pola crise da Covid-19, a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil afirmou que os contaxios rexistrados nas residencias de maiores constatan “a falta de anticipación da Xunta na segunda onda da COVID”.
Na súa intervención, Rodil volveu a reclamar “un modelo público de residencias” fronte ao negocio da vellez das empresas privadas e entidades. A nacionalista preguntou ao responsable da Fundación San Rosendo canto diñeiro recibe da Xunta de Galiza pola concertación de prazas ao ser o segundo grupo, despois de Domus VI,que maiornúmero de prazas de residencias de maiores xestionan en Galiza.
A deputada tamén preguntou que está ocorrendo nas residencias e como éposíbel que despois de todo o vivido durante a primeira onda, se poidan producir de novo situacións como a dos Gozos ou a do Incio con contaxios masivos. “Falta material, falta persoal, falta prevención, faltan probas diagnósticas?” A parlamentaria isistiu en saber si as residencias xestionadas pola fundación contaban con Plans de continxencias, con contratación de máis persoal para a atención directa e sanitaria ante o elevadísimo risco da entrada da COVID nestes centros e si o incremento dos contaxios estaba ligado coa falta de persoal.
Rodil preguntou ao presidente da Fundación San Rosendo si aXunta avaliou os protocolos ou “só interveu ao detectar contaxios masivos”.
O modelo privatizado das residencias penaliza ás persoas con menos recursos
Das 20.000 persoas usuarias de residencias de maiores en Galiza, “só 8.200 contaban con axudas á dependencia no ano 2020”, axudas, dixo a deputada, que “non alcanzanpara pagar a metade do que custan as residencias” Esta claro, sentenciou Rodil que “o modelo privatizado das residencias penaliza ás persoas con menos recursos e converte nun negocio a atención das persoas maiores e dependentes”.
A deputada concluíu a súa intervención reiterando unha das preguntas relativasá cantidade que recibe a Fundación San Rosendo da Xuntapor cada praza concertada. Pola súa parte, Luís Gavela confirmou que a Xunta aporta 9 M€ para a xestión das residencias, dun orzamentototal de 45 M€ e o custe da praza oscila entre os 790 euros e 1.500 euros.