O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, presentou o catro de xaneiro unha batería de preguntas dirixidas á presidencia da Deputación provincial sobre a adxudicación da estación de montaña de Manzaneda.
Estas preguntas trasladadas a presidencia da Deputación de Ourense pretendían botar luz sobre os criterios da adxudicación da estación, os custes económicos que terá a mesma, así como o cumprimento da legalidade do procedemento. Porén a resposta que chegou o día 15 de xaneiro, foi que se lle daría traslado ao consello de administración de MEISA, para respostadan tan pronto sexa posible. “Lembremos que a Deputación de Ourense non só forma parte do consello de Administración senón que posúe o 49,45€ das accións desta S.A., fronte ao 49,65% do que posúe a Xunta” remarca o deputado.
Coa convocatoria da “Comisión de Contas da Deputación de Ourense” informóusenos aos representantes provincias”, indica Varela, da subscrición dun crédito participativo por valor de un millón de euros por parte dos accionistas de MEISA o 15 de decembro de 2020 e para o cal a Ente provincial aportará 493.725,49€. Non é o primeiro desembolso que realiza a Deputación provincial nun curto espazo de tempo, no pleno de setembro de 2020 a deputación provincial entregáballe a MEISA 448.470€ por outro préstamo participativo. “A día de hoxe a realidade é que os Deputados e Deputadas provinciais continuamos sen ter a mínima información do futuro da estación de montaña de Manzaneda”, afirma o Varela
No pleno provincial de outubro o voceiro nacionalista no transcurso dun debate sobre a estación de Manzaneda trasladaba aos presentes no pleno a seguinte cuestión: “ a pregunta agora é : cando vai vir agora o seguinte préstamo participativo favor de MEISA?” Para o voceiro nacionalista “a Deputación compórtase como un pagafantas cos cartos de todos os orensáns sen dar a máis mínima explicación.”