TRANSPORTE URBÁN

O Bng denuncia que a licitación dos autobuses urbáns "é un traxe a medida" para a actual concesionaria

O BNG no concello de Ourense pensa que o novo plego para adxudicar o servizos de autobuses da capital podería dar "trato de privilexio" ao Grupo Avanza.

Jesús Álvarez

Ourense |

Rolda de prensa BNG Ourense
Rolda de prensa BNG Ourense | Onda Cero Ourense

O voceiro grupo municipal do BNG no Concello de Ourense Luís Seara, afirma que "pode concluirse o plego de adxudicación do novo contrato do servizo de autobuses urbáns de Ourense por importe de 50 millóns de euros é un traxe a medida para a actual concesionaria".

As desconfianzas dos nacionalistas comezan tralas preguntas realizadas hai un ano cando preguntaron por qué levaban meses parados os novos buses eléctricos nunha nave privada en Quintela e lles responderon dende o goberno local que era por falta de puntos de recarga que a posteriori serían serían precisamente instalados alí.

A "sorpresa" dos nacionalistas un ano despois é que o concello lance unha nova licitación do servizo (que actualmente se presta en precario) cun plego que nace "viciad" porque dá un prazo de 45 dias para claquera posible adxudicataria que "conculcaria o dereito de igualdade de calquera concesión publica", xa que ao entender dos nacionalistas, a actual "sae en avantaxe e con privilexio". Explican dende o BNG que esto débese non só a que entre a documentación figure un informe feito por unha empresa para o grupo Avanza relacionado precisamente coa electrificación dos vehículos senon tamén coa nave para o mantemento da flota.

O BNG sinala que chama a atención que no "xuizo de valor" que realice para a futura adxudicacion, a posible adxudicataria deba reunir un mínimo de 24 puntos de 100, sendo os 24 a suma que a actual concesionaria podería conquerir ao demostrar segundo os pregos técnicos que xa ten tanto o proxecto de electrificación coma a nave cos requerimentos necesarios para atender aos vehículos. Conclúe pois Luís Seara que "novamente estamos ante o modelo de xestión da marca Jácome" que non ten en consideración as consecuencias xudiciais ou económicas dun concurso que memos podería "volver aquedar de novo en precario partindo de cero, algo que a Jácome ao mellor lle interesa"