Sanidade

O BNG denuncia a saturación das urxencias do CHUO que fan chegar familiares

Noa Presas leva o parlamento a falta de camas e doentes nos corredores por parte de familiares que sofren as carecias que as e os profesionais denuncian con mobilizacións semanais desde hai tres meses

Óscar Gómez

Ourense | 30.03.2022 08:11

O BNG denuncia a saturación das urxencias do CHUO que fan chegar familiares
O BNG denuncia a saturación das urxencias do CHUO que fan chegar familiares | onda cero

A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, traslada de novo ao Parlamento Galego unha batería de medidas respecto da situación de colapso recorrente das urxencias do CHUO que están a denunciar hai xa tres meses desde a Comisión de Centro e o persoal de enfermaría e que son un dos motivos polos que o persoal irá a folga a próxima semana.

Segundo informa Presas “familiares usuarios das urxencias neste martes 29 marzo trasladaronnos fotografias dunha nova situación de colapso de urxencias, cos corredores inzados de camas de doentes que non teñen unha habitación ou sala adecuada na que esperar e ser atendidos, eses mesmos pasillos que o señor conselleiro nega en sede parlamaentaria que existan e que xa foi desmentido polo propio persoal."

Presas recorda que "trasladaron esta cuestión, que é habitual, o pasado 23 de febreiro e que un mes despois, malia o aparente diálogo co persoal, a Xunta segue sen tomar medidas. Esta situación non pode consentirse, Ourense non pode ter un hospital de campaña permanentemente, algo intolerable en calquera caso pero máis aínda tendo unha poboación avellentada e pluripatolóxica como a de Ourense".

O BNG apoia as demandas das e dos profesionais e dará traslado das demandas da folga do próximo dia 6, entre as que están a situación de urxencias, demandas para medicina interna, estabilidade na contratación e respecto aos dereitos laborais adquiridos respecto libranzas e permisos.