Na xunta de área de medio ambiente celebrada, o BNG pediu explicacións ao concelleiro polo acontecido na Universidade laboral a semana pasada.
A tala levada a cabo non se axustou aos parámetros establecidos polo propio concello, tal e como indicou o concelleiro Jorge Pumar xa que segundo el, "deixáronse marcadas as árbores que tiñan que talar e o que fixeron foi deixar esas e indiscriminadamente cortar todas as demais".
Segundo o BNG, outro dos datos ofrecidos esta mañá é dunha gravidade extrema xa que segundo o propio concelleiro estes traballos veñen costando ao redor de 18.000 euros e o que fixo a Xunta foi darllos a un aserradoiro que o facía gratis a cambio de quedarse coa madeira.