O BNG defenderá no congreso e no senado unha batería de iniciativas para o desenrolo económico e industrial de Ourense e priorizará en infraestructuras coma a licitación da depuradora e estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas.
A senadora nacionalista Carme da Silva comparecía en Ourense sinalando que a provincia precisa “un impulso potente” e urxía para este ano 2024 a licitación da ampliación da estación depuradora de augas residuais de San Cibrao pola "grave situación de contaminación" que padece o rio Barbaña que segundo afirmou "está a provocar que xa non haxa nen fauna”. Ademáis a nacionalista alerta de que a actuación é necesaria para dar "garantías ambientais de futuro" á actividade empresarial.
Outra das demandadas do BNG é a posta en marcha da reclamada estación de mercadorías ferroviarias no Polígono de San Cibrao “o que evitaría a contaminación provocada por milleiros de camións”. Neste contexto, ambas actuacións permitían "unha mellora non só ambiental senon económica". A senadora do BNG aproveitou para avanzar que preguntarán ao ministerio de transportes "por qué a variante exterior do Ave non se incluíu no corredor atlántico de mercadurías e no caso de que sexa un erro, que esta sexa incluída".
Doutra banda pedirán ao Ministerio que escoite as reivindicacións dos veciños de Seixalbo afectados polo impacto ambiental da "variante exterior" e particularmente defenderán a petición dos veciños de Peliquín para "que se faga un paso soterrado e non unha pasarela que deixe este barrio ourensán separado por un muro".
Os nacionalistas sinalaban que terán "unha posición unánime e estratéxica para defender o reequilibrio territorial de Ourense" en todalas institucións xa que ademáis de levar iniciativas ao congreso e senado presentaranse nas institucións autonómicas, provinciais e locais.