Ourense Provincia

O BNG pide ao PSOE “contundencia” para frear a moción de censura en Castrelo de Miño

A formación nacionalista lembra que as veciñas e veciños do Concello decidiron que o goberno fose “progresista” e “liderado polo BNG”

Óscar Gómez

Ourense |

Moción en Castrelo de Miño | La Región

A dirección política do BNG solicitoulle á formación socialista contundencia á hora de frear a posíbel e probable moción de censura en Castrelo de Miño. Desde a formación nacionalista ven con preocupación o que está acontecendo afirmando que a veciñanza do municipio “escolleu un goberno progresista liderado polo BNG”.

Tras doce anos de goberno nacionalista, o electorado do Concello de Castrelo decidiu que as forzas políticas de esquerdas e nacionalistas tivesen unha porcentaxe de voto de máis do 61%- BNG cun 33,82% e PSOE 27.23%- e tendo unicamente ao Partido Popular cun total de 33,53%.

Desde a organización nacionalista enfrontan con preocupación a situación pola que está atravesando o consistorio municipal. A “cada vez máis probable” moción de censura provocaría que o PP tivera a alcaldía do municipio ribeirense despois de que as urnas escolleran un goberno progresista e liderado polo BNG.

Ante esta situación, a dirección política da organización nacionalista solicitoulle ao PSOE “contundencia” para frea a moción de censura e apuntou que a actitude das socialistas “está sendo irresponsábel”. “Estamos ás portas dunhas eleccións galegas que poder ser históricas e o resultado de Ourense será o que decida se desaloxamos ou non a Núñez Feijóo da Xunta de Galiza “ concluíron.