Diante do gromo de coronavirus entre as e os profesionais do Hospital de Verín Presas declarou que “desde o BNG queremos enviar todo o noso apoio á poboación do Val de Monterrei e ao persoal do Hospital de Verín nun momento no que están a aumentar os casos e a preocupación”.
Diante da situación que se está a vivir no Hospital, onde o cribado entre as e os profesionais está a detectar moitas persoas contaxiadas que deben pasar á corentena e que está a supoñer unha sobrecarga nos demais profesionais, que están a prolongar as súas xornadas laborais e horas de garda por riba do recomendado, o BNG entende que a Xunta de Galiza debe tomar medidas inmediatas sen máis dilación “é necesario que se aplique un reforzo inmediato de persoal para poder facilitar a cobertura das e dos profesionais que deben gardar corentena, que o persoal esgotado polas horas de garda poida descansar e que se poida transmitir á poboación unha mensaxe de calma”.
Ademais, desde o BNG sinalan que “sen máis dilación deben abrirse a Unidade Azul do segundo andar, que nestes moemntos está pechado para ingresos, co fin de enviar alí a pacientes sen covid e de cirurxía e que as persoas con covid poidan permanecer de forma exclusiva e segura na Unidade Verdem na que xa hai 12. A apertura da segunda planta permitiría unha separación máis garantista para evitar contaxios”