Sanidad

O BNG propón un Plan urxente a favor de Ourense con medidas no sanitario

Pontón responsabiliza a PP e PSOE da parálise da cidade: “están, literalmente, boicoteando Ourense en plena pandemia”

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 18.11.2020 14:11 )

O BNG propón un Plan urxente a favor de Ourense con medidas no sanitario | onda cero

A portavoz nacional, Ana Pontón, compareceu ante os medios tras un encontro de traballo cos responsables locais, lamentando que a situación de Ourense sexa hoxe peor que fai dous meses cando o BNG puxo sobre a mesa unha solución viable para sacar a cidade das Burgas da situación de parálise institucional derivada dun goberno municipal en descomposición.

De feito, a cidade das Burgas está sendo especialmente afectada na segunda onda da COVID onde o peche perimetral comezou un mes antes, o que se suma que delicada situación económica previa. Por iso, o BNG pon sobre a mesa medidas concretas a favor da cidade a través dun Plan urxente para Ourense ante a parálise do Goberno local e a falta de acción política do Goberno da Xunta.

Ana Pontón na visita a Ourense | onda cero

Un Plan urxente para Ourense, explicou Pontón, “que actúe de inmediato no ámbito sanitario, social e económico con tres actuacións concretas: un plan de reforzo sanitario, rescatar ás persoas en risco de exclusión social mobilizando os recursos necesarios e axudas para os e as traballadoras autónomas e as PEMES”

Tras o encontro mantido co portavoz municipal, Luís Seara, coa deputada pola provincia Noa Presas e con outros responsables locais, a líder do Bloque entrou no detalle dese plan.

Así, en materia económica, o BNG propón axudas inmediatas a través a través dunha liña de rescate con 200 M€ destinado xs autónomxs dotado de 200 M€, co cargo aos orzamentos da Xunta de 2021 con posibilidade de ser ampliad. É unha segunda liña de axuda á hostalería e turismo de 30 M€ para compensar como mínimo o 50% das perdas derivadas do peche COVID. “Ourense e concellos limítrofes que levan máis tempo soportando as limitacións deben ser preferentes”, salientou Pontón.