Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense o informe sobre a liquidación do orzamento de 2021 emitido pola intervención municipal revela algo que os nacionalistas xa viñan denunciando desde hai tempo.
Segundo o portavoz Luis Seara, "estamos diante dun goberno de trileiros que emprega suterfuxios legais e a "colaboración" de certos funcionarios para evitar o control dos organos fiscalizadores como é o caso da intervención municipal", en clara alusión ao procedemento seguido na modificación de crédito 2P de 62 millóns de euros, "e da oposición".
Outro dato significativo para a formación nacionalista é o grao de execución orzamentaria no pasado exercicio. "falamos dun grao de execución do 41,59% no orzamento de gastos, ou o que é o mesmo, o máis baixo dos últimos 11 anos".
Para Luis Seara este dato revela que "estamos diante dun Goberno incapaz e dunha xestión nefasta pois non hai proxecto nin folla de ruta a seguir máis alá de anuncios grandilocuentes, proxectos inexecutables e eso sí, propaganda, moita propaganda".
Por último Seara salienta, en clara alusión a Jácome que "quen afirmaba no pasado que ter carto no banco era sinónimo de non saber xestionar e gobernar, agora resulta ser o que acumula un maior remanente e o grao de execución máis baixo dos últimos 11 anos".