O grupo provincial do BNG levará ao vindeiro pleno da Deputación de Ourense varias propostas para "instar á Xunta a mudar o actual modelo de xestión de residuos sólidos urbáns de Sogama impulsado polo partido popular" e no que segundo os nacionalistas ao final "o 80% do lixo que xestiona acaba soterrado ou queimado". Para o BNG é un sistema que acaba repercutindo nos custes de xestión e que aboca aos concellos a ter que asumir a suba do canon en 2025 coma mínimo nun 50% algo que terá que se traducirá en que os concellos teñan que subir tamén a taxa de recollida do lixo aos veciños.
O deputado provincial do BNG, Bernardo Varela lembra que "xa se atoparon en Xullo, sen previo aviso, cunha suba dos custes de recollida por tonelada de 52 a 82 euros que o ano que próximo chegaria aos 108 euros, o que califica coma “sablazo ou tarifazo”.
Para Varela "o que sucede en Galicia coa xestión dos residuos non acontece noutros países de Europa coma Alemania ou Austria onde superan a reciclaxe nun 60%".
Cree o deputado nacionalista “que o goberno galego debería aclarar se detrás do modelo actual de SOGAMA predomina o interés empresarial”
Na moción que levarán á institución provincial instarán a SOGAMA e á Xunta a que o canon "non suba máis do 20%" e que sexa establecido nunha "mesa de negociación na que esté presente a FEGAMP fixando un prezo estable". Ademáis queren dende o BNG que se estableza a recuperación da fracción organica, e rexeitan o modelo do denominado quinto contenedor.
Doutra banda, entende que Xunta e Estado "deben cumplir cos obxetivos da xestión de residuos para que haxa unha economía circular". Ademáis reclaman "fondos específicos para mellorar a sustentabilidade da xestión e un esforzo na concienciación da cidadanía para unha correcta reciclaxe creando se é preciso un sistema de inspección que estableza sancións en caso de incumplimentos".
Para o BNG unha das claves para evitar que se segan incrementando o prezos dos recibos está, ao marxe das políticas institucionais, en que "a reciclaxe se faga ben dende o principio".
Os nacionalistas tamén reclaman á Xunta que aclare o canon real que pretende aplicar porque "a falta de concreción está a provocar dificultades para que os concellos elaboren as suas correspondentes ordenanzas". Nunha rolda de prensa Bernardo Varela tamén fixo mención á situación dispar que vive a provincia en relación á xestión de residuos onde asegura que "anque a Deputación presta un bo servizo hai só 52 conellos están conveniados con SOGAMA e faise dificil xestionar pola propia orografía".