Baixo o lema “Galiza coa chave dos seus cartos”, o BNG achegará a Ourense a campaña coa que os nacionalistas queren "abrir á sociedade" o debate sobre a necesidade de mudar o modelo de financiamento para a nosa comunidade que permita xestionar máis cartos procedentes dos nosos impostos.
Para a deputada nacionalista, Noa Presas "este é un momento importante" para mudar unha realidade que reflexa, coma exemplo recente, que o estado ingresou de impostos procedentes de Galicia 15.000 millons de euros dos que a comunidade recibiu 5000 menos. Segundo Presas, mudando un sistema que refrendou o popular Alberto Núñéz Feijo en 2009, "na actualidade Galicia podería contar con mil millóns de euros mais cada ano que poderían destinarse aos servizos máis necesarios coma educación, sanidade ou mesmo a paliar os danos causados recentemente polos temporais no sector agrario"
Dende o BNG convidan a seguir o exemplo de Euskadi "que ten un dos índices máis baixos de pobreza" e xustifican a campaña en que o presidente da Xunta Alfonso Rueda non sexa quen de liderar esta negociación.
A campaña do BNG “Galiza coa chave do seus cartos” na provincia de Ourense contempla actos públicos e reparto informativo tanto na capital coma noutros concellos coma Carballiño, Pereiro de Aguiar (o 17 de Outubro) ou Barbadás (o 29 de outubro).