Jacobo Rey, mantivo unha reunión coa Asociación de Escolas Infantís de Ourense para analizar a evolución do programa da gratuidade na provincia, neste primeiro curso en que esta medida aplícase ao 100% do alumnado de todos os centros de 0 a 3 anos, con independencia da titularidade que teñan. O encontro tamén contou coa participación do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén.
O director xeral comprobou a boa acollida que esta a ter a gratuidade non só entre as familias senón tamén entre o sector. Ao respecto, lembrou que o Goberno galego destina 55 millóns de euros ao ano a esta medida, que beneficia a máis de 31.000 familias de toda Galicia. É un investimento que a Xunta realiza con fondos propios, pois o Executivo central non achega nin un só euro. Ademais, Jacobo Rey indicou que a gratuidade permite ás familias elixir o centro que máis se axusta a súas necesidades de conciliación, ao tempo que supón un aforro de ata 2000 euros para as economías domésticas.
Referencia en conciliación
Por último, indicou outras medidas da Xunta dirixidas ás familias como a Tarxeta Benvida, que ofrece unha axuda de ata 3000 euros para facer fronte aos gastos básicos polo nacemento dun bebé; o Bono Coidado, para contratar un servizo extraordinario de conciliación; ou a posta en marcha de 95 casas niño para que os concellos pouco poboados conten tamén con recursos de conciliación e atención á primeira infancia.