Galicia Calidade

Bodegas Voltea presenta unha edición limitada de albariño

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, destaca a filosofía de sustentabilidade e bioeconomía circular que promove esta empresa vinícola.

Óscar Gómez

Ourense | 02.05.2023 08:49

Bodegas Voltea presenta unha edición limitada de albariño
Bodegas Voltea presenta unha edición limitada de albariño | onda cero

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, felicitou a Bodegas Valtea pola elaboración dun albariño referente da Denominación de Orixe rías Baixas e procedente dos propios viñedos da adega.

A bioeconomía circular está presente na elaboración de produtos de Valtea, que reutiliza os residuos da uva para a destilación e elaboración de augardentes e licores. Residuos como o bagazo, sementes e restos de uva que quedan despois de extraer o mosto, destílanse para obter o augardente de bagazo, que logo empregan como base para elaborar outro tipo de licores como o licor café e o licor de herbas.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con 151 empresas adheridas, con máis 780 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.