Os bombeiros de Ourense deron por rematada oficialmente a actuación no edificio do número 72 da Avenida de Santiago da capital que ardeu a pasada fin de semana e que obrigou ao realoxo de seis familias. Algunhas, principalmente do primeiro e segundo andar, puideron acceder onte a recoller algunhas das suas pertenzas persoais nun edificio que quedou “inhabitable”. En "más de Uno Ourense" o xefe dos bombeiros, César Pichel que antes de concluir a sua intervención "retiraronse algúns elementos de risgo coma unha persiona, fíxose por parte da policía local un precinto preventivo dun baixo e tamén quedou apuntalado" o edificio no que se rexistrou o incendio. Agora está previsto que comece o traballo da policía xudicial para aclarar as causas do suceso. Ao tempo os bombeiros remitirán ao Servizo de urbanismo os informes oportunos para que dende este departamento municipal se determine se procede unha "declaración de ruina" do edificio.
Algunhas das familias afectadas foron realoxadas polo Concello de Ourense ao abeiro do "plan de emerxencia social", outras buscaron apoio en familiares. Namentres segundo o xefe de bombeiros, outros veciños que foron desaloxados dun dos edificios colindantes, en cocnreto da planta terceira, non regresarán as suas vivendas ate que se solucionen algúns danos sofridos no piso, se ben aclarou que estes danos "non son estructurais".
Destaca a onda de solidariedade cos afectados por parte de veciños, comercios e mesmo colexios que recolleron roupa e calzado e que brindaron o seu apoio dende o primeiro momento do suceso .