ACTUALIDADE MUNICIPAL

Cabreo na policía local e na oposición polos cambios no servizo que plantexou Jácome

Malestar na policia local polo cambio de horarios e cuadrantes que plantexou o alcalde de Ourense e críticas da oposición pola situación xerada

Jesús Álvarez

Ourense | 20.09.2024 14:11

Gonzalo Jácome
Gonzalo Jácome | onda cero

Un amplo sector da policía local de Ourense amosou o seu descontento logo de que o alcalde, Gonzalo Jácome decidira cancelar as horas extra de xoves a sábado e anunciase que estudaría cambios no sistema de cuadrantes que permitía que pudieran traballar tres dias e librar cinco. Na tarde do xoves a atención policial quedou só cun axente ao teléfono e outro na rúa dende as sete e media e nengún axente asignado ás cinco patrullas nocturnas se presentou a traballar. Dende o Sindicato Profesional de Policía local non descartan que a decisión do rexedor poida ter que ver con situacións das que non se sinten responsables e que afloraron á opinión publica previamene coma o sinistro viario dun vehículo con conductor non identificado propiedade do concelleiro de urbanismo ou as críticas xurdidas por estacionamentos supostamente indebidos de coches de integrantes do goberno municipal coma o da edil Noa Rouco.

Dende a oposicion Psoe e PP esixiron ao alcalde a través dun comunicado de prensa "diálogo sindical e politico así coma a paralización das últimas medidas en materia de persoal coma a intencion de modificación do plan de estabilización dos traballadores e traballadoras municipais". Tamén reclaman unha "axeitada planificación e organización do corpo de policía local para garantir a seguridade cidadá" en Ourense. Coinciden socialistas e populares en que os plantexamentos de Jácome poden ter unha "grave repercusión tanto para o Concello coma para veciñanza".

Para ambas formacións políticas "o alcalde non só despreza aos traballadores senon que tamen pretende vulnerar dereitos laborais".

Doutra banda Psoe e PP pediron explicacións por habilitar máis de 20 millons de euros para o pago de débedas contraídas sen soporte xurídico e demandaron que o goberno local deixe de funcionar en base a "arroutadas, fobias e filias" para o que lle solicitaron unha xuntanza de voceiros. Precisamente o rexedor convocaba este venres xunta de voceiros urxente tres horas despois da comisión de pleno na que a oposicion expresaba o seu desacordo coa pretensión de levar a pleno extraordinario 10 novas modificacions de crédito que ascenden a 22,7 millons de euros dos que case 15 destinaríanse a infraestructuras e 2,2 a medioambiente e que serían financiadas con cargo ao remantente de tesoureria para gastos xerais.

Dende os grupos da oposición reprochándolle ao alcalde de Ourense que teña pendente de pago case 30 millons de euros, entreles o das últimas obras en ruas e movilidades vertical, seguridade cidadá e actos festivos.

Pouco despóis, o goberno municipal emitía un comunicado anunciando que o alcalde convocará unha nova comisión de pleno a semana próxima para sacar adiante as 10 modificacións de crédito e que o goberno municipal negociará individualmente cos grupos políticos as propostas que prevén destinar 22 millóns de euros a diferentes áreas do Concello

COMUNICADO LITERAL DO GOBERNO MUNICIPAL

Ourense, 17 de setembro de 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, convocará unha nova sesión extraordinaria da Comisión de Pleno do Concello o vindeiro mércores, 25 de setembro, para sacar adiante as 10 propostas de modificación de créditos, por un importe de 22 millóns de euros, elaboradas polo goberno municipal para reforzar diferentes áreas do Concello. Así llelo comunicou esta mañá aos grupos políticos nunha xunta de voceiros celebrada na Alcaldía logo de que, por acordo de PP, PSdeG-PSOE e BNG, estes expedientes foran retirados, para mellor estudo, da orde do día da comisión de pleno que se celebrou a primeira hora da mañá de hoxe.

O alcalde defendeu a importancia destas propostas, que suporán unha inxección económica de 22 millóns de euros para reforzar a dotación orzamentaria de diferentes áreas municipais (para pago a provedores, arranxos de parques e zonas verdes, obras nos barrios, gastos da área social…) e avanzou que negociará individualmente o apoio a estas modificacións con cada un dos grupos políticos.

O alcalde explica que convocou a xunta de portavoces dada “a situación tremendamente grave que se producía”, logo de que outros grupos políticos “manifestasen que non ían tratar ningunha modificación de crédito até que non se solucionase o tema da Policía Local e a estabilización de emprego que, no meu criterio, é un sistema para facer fixos os que meteron enchufados”.

Este escenario supoñía, explica, un “secuestro do Concello”, ao impedir realizar as achegas económicas que necesitan diferentes áreas municipais. Ante a gravidade desta situación, di o rexedor, accedeu a convocar unha xunta de portavoces. No seu transcurso, o alcalde apreciou un “cambio de criterio”, por parte dos grupos de PP e PSdeG-PSOE: “queren falar, coñecer cousas sobre estes expedientes, polo que se negociará individualmente con cada grupo político”, advertindo que as modificacións de créditos irán a pleno “si ou si”.

Ao termo da xunta de voceiros convocada de urxencia por Jácome a oposición suscribía a petición realizada a Jácome para que retirase os expedentes de modificación de crédito e amosabase contraria aos cambios nas bases de persoal pedindolle ao rexedor que tivese en consideración a sua legalidade e que estas serviron de argumento "caprichoso" ao alcalde para aprobar unha normativa similiar no Consello Municipal de Deportes.

Dende o BNG á espera de que poida convocarse un pleno extraordinario, o nacionalista Luis Seara lembraballe a Psoe e PP que "perderon unha oportunidade de ouro no momento en que os nacionalistas puxeron a sua sinatura para unha moción de censura".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora