Cumplíuse o anunciado polos meteorólogos e os restos do furacán "Kirk" , convertido en borrasca, deixou na provincia de Ourense refachos de vento de ate 181 quilómetros por hora no Alto da Lardeira en Carballeda de Valdeorras e cuantiosas precipitacións con máis de 100 litros en 12 horas en concellos coma Entrimo. Tan só ate as oito da mañá levaban rexistrados no 112 Galicia máis dunha treintena de incidencias a maioria por caída de arbores que fixeron traballar a reo aos Ges de concellos coma Lobios ou Celanova onde tamén un invernadoiro caeu contra un tendido eléctrico.
Na capital unha árbore caía sobre un vehículo na rua Zurbarán do Couto, houbo tamén caídas de árbores noutas zonas, coma por exemplo no barrio de A Ponte en puntos coma a Avenida de Marín confluencia con Vicente Risco ou xunto ao parque canino de Salesianos (na foto).
A Rúa Reza foi cortada ao tráfico pola caída de cascallos dun edificio abandoado. Tamén na cidade de Ourense e xusto antes da chegada de Kirk , houbo un apagón por avaría eléctrica que durou seis horas afectando a perto de 700 vivendas e negocios.
Xa durante a mañá do mércores producíanse cortes puntuais de suministro en zonas coma o 21 na capital. Ademáis dende a empresa Naturgy confirmaron outros cortes noutros concellos coma Entrimo, Ribadavia ou Nogueira de Ramuín movilizando a compañía un bo número de efectivos para atender tódalas incidencias xurdidas na comunidade onde a costa levou a pior parte.
A alerta laranxa decretada pola Aemet activouse ate mediodía extendeose á tarde sobretodo pola choiva nos concellos da zona do Miño onde as acumulacións de auga previstas poderían chegar aos cen litros por metro cadrado e na alta montaña e sur onde a mais de corenta.
A Xunta de Galicia decidía suspender as actividades fora dos centros escolares e deixar a criteri das direccións as actividades extraescolares.
Ás incidencias do temporal engádense dous atropelos con sendas persoas feridas esta mañá na capital ourensá. Un aconteceu na Avenida de Marín a carón da estación de tren e outro na Rúa Ramón Puga nun paso de peóns según confirmou o 112 Galicia.