Concello de Ourense

Campaña para dar unha segunda vida ás árbores do Nadal

Os cidadáns poderán entregar as súas árbores tanto no viveiro municipal coma nos puntos de recollida do servizo de punto limpo móbil do Concello de Ourense, que ao longo de toda a semana percorre o conxunto da cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 10.01.2022 08:42

Un árbol de Navidad con regalos en Nochebuena
Un árbol de Navidad con regalos en Nochebuena | Pixabay

A Concelleria de Medio Ambiente do Concello de Ourense promove unha campaña de recollida de árbores de Nadal naturais para darlles unha segunda vida na cotorna da cidade. A campaña ten como obxectivo, tanto a recollida de árbores en bo estado que serán coidados polo persoal de xardinería do Concello, -e posteriormente replantados nos espazos urbanos de xardineiras municipais-, como a recollida das árbores xa en estado de deterioración, ou sen garantía de volver a unha contorna natural, que serán recuperados como compost no punto limpo verde, para o seu uso na xardinaría da cidade. A Concelleria de Medio Ambiente lembra que un abeto medio pode aportar ata cinco quilos de compost.

Para o concelleiro Jorge Pumar, “esta campaña ecolóxica pretende ser un exemplo das medidas de economía circular que desde unha cidade poden ser postas en marcha para a mellora do Medio Ambiente local. O obxectivo é non dar por perdido estas árbores que adornaron os nosos fogares nas datas de Nadal e poder darlles unha segunda vida para o beneficio de toda a cidade”.

Ademais, indica o concelleiro Pumar, “a campaña ten un segundo obxectivo, fomentar o uso do punto limpo móbil entre os cidadáns, un servizo que se implementou por primeira vez en Galicia en Ourense, e sen dúbida é un servizo cómodo e útil para a veciñanza ourensá”. A campaña extraordinaria iniciarase o luns día 10, e rematará o próximo 31 de xaneiro.

Lugares de entrega das arbores por parte dos cidadáns

Os cidadáns poderán entregar as súas árbores tanto no viveiro municipal coma nos puntos de recollida do servizo de punto limpo móbil do Concello de Ourense, que ao longo de toda a semana recorre o conxunto da cidade. Para maior información ou para consultar os horarios e ruta do punto limpo móbil, pódese consultar a web da empresa concesionaria Ecourense S.A. http://www.ecourense.es/ ou no teléfono 900 81 00 81. O viveiro municipal atende en horario de maña e ten a súa sede na zona de Santa Mariña a carón do punto limpo municipal.