A iniciativa, impulsada pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Xunta de Galicia, rexistráronse máis de 120.000 tíckets pertencentes a compras en máis de 150 localidades galegas, cos cales os clientes participaron no sorteo de 12.000 euros repartidos en 64 tarxetas prepago de 250 e de 150 euros. Na provincia de Lugo o total de tíckets de compra rexistrados na campaña foi de preto de 34.000, sendo a provincia máis activa.
Este tipo de campañas de dinamización súmanse a programas como o Bono Activa Comercio, ao que a Xunta destina 5 millóns de euros co obxectivo de impulsar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais e contribuíndo ao mesmo tempo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos. Máis de 166.000 consumidores de toda Galicia descargaron todos os descontos de 30 euros dispoñibles a través desta iniciativa, e teñen agora ata o 31 de decembro para realizar as súas compras.
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación pon en marcha cada ano diferentes liñas de axudas específicas para o comercio galego, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos.