Cultura

A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense remata cun novo récord

O Concello de Ourense regaloulles un libro, que puideron elixir en calquera das 38 librarías da cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 12.09.2022 08:05

A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense remata cun novo récord
A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense remata cun novo récord | onda cero

A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense acadou un novo récord na súa edición de 2022. Un total de 9.777 menores de Ourense elixiron e recolleron un libro de lectura, á súa escolla, financiado polo Concello. A campaña rematou esta semana, quedando ás portas de acadar o 70% do censo total sub-18 da cidade de Ourense, logo de volver superar cada ano os resultados da edición anterior. Posta en marcha por primeira vez no ano 2020, a campaña chegou a 8.475 menores. Ao ano seguinte, 2021 chegou a 9.411. No ano actual, 2022, chegou a 9.777.

Son, en total, case 28.000 exemplares nos últimos 3 anos, nunha campaña, “pioneira en España que está a cambiar hábitos”, destaca o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen resalta que esta iniciativa “fomenta a lectura e axuda o comercio local, polo que é unha das campañas das que máis orgullosos estamos no grupo de goberno da cidade”. Explica o rexedor que “a ledicia é importante porque é unha campaña nosa, pioneira en España e que cada ano está medrando con este novo record, co que estamos ás portas do 70% do censo total de menores en Ourense. Iso como movemento de axuda á cultura é dificil unha campaña de máis éxito”, conclúe Gonzalo Jácome

O alcalde dalles as grazas aos libreiros, pola súa participación nesta iniciativa, e aos nenas e ás nenas da cidade, “protagonistas absolutos por aceptar esta campaña e ser participativos".