Os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana, Celso Delgado e Miguel Ángel Michinel- e ao Senado -Carmen Leyte, Luis Menor e Rosa Sánchez- salientaron a importancia da auga para a provincia de Ourense, polo que é preciso actuar para reducir a vulnerabilidade fronte os episodios de seca, mediante medidas de planificación, de xestión eficiente dos recursos hídricos e de execución de novas infraestruturas. En definitiva, sinalaron, “mellorar a xestión do recurso hídrico e o medio ambiente, a resiliencia fronte ao cambio climático e a economía circular”.
Os candidatos populares celebraron, por tanto, que dentro da primeira vintena de medidas económicas que porá en marcha o Goberno de Alberto Núñez Feijóo hai dúas vinculadas a auga:
- Duplicar o investimento anual en infraestruturas de auga novas e existentes.
- Crear un organismo nacional regulador da auga, con competencias de coordinación na planificación de infraestruturas.
Lembraron que o compromiso de Núñez Feijóo se é elixido presidente, será garantir que a loita contra la seca será unha das “prioridades” do seu Goberno, con medidas que aseguren o acceso a agua para todos. “Sen auga non hai agricultura nin gandería, sen agua o sector primario non subsiste”, remarcaron.
Por elo, o PP compromete un Pacto Nacional da Auga co acordo dos distintos actores e territorios, que conleve unha inversión hídrica de 40.000 millóns en seis anos. Asemade, defende crear unha rede estratéxica da auga para investir “con eficacia” esa partida, nun plan de modernización de presas e canles e un Plan de acción efectivo para utilizar a agua co maior grado de eficiencia, “dado que a rede de abastecemento en España perde entre un 20 e un 25% da agua e non depuramos augas que poderían ser reusadas”.
Saneamento e depuración do Río Barbaña
Os candidatos populares tamén lamentaron os enormes atrasos no "Proxecto de finalización do saneamento do río Barbaña, mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas. fase II (Ourense)". Un proxecto da Dirección Xeral da Auga, que xestionan dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) organismo autónomo do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O certo é que despois de cinco anos o Goberno de Pedro Sánchez foi incapaz de licitar as obras. Aínda ao día de hoxe non concluíu a tramitación ambiental por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do MITECO, a pesar de que leva xa un ano con esa xestión.
Do anterior despréndese a existencia de reiterada lentitude e de falta de dilixencia na tramitación por parte da CHMS e do MITECO. Consideran os candidatos que hai suficientes motivos para estar moi preocupados pois estes atrasos están poñendo en risco a perda da porcentaxe de financiamento dun proxecto de preto de 30 millóns de euros de inversión.
Á marxe do financiamento comunitario do proxecto, explican, “é moi urxente realizar as obras necesarias na EDAR existente para facer que o seu funcionamento sexa máis fiable e flexible, tratar con maior capacidade as augas residuais dunha poboación que foi aumentando notablemente e as das actividades industriais sen xerar ningún derrame”.
Igualmente, é necesario investir na substitución de 3,3 quilómetros de colectores de augas fecais, 16,5 quilómetros de colectores de augas pluviais e acondicionar 19 puntos de vertedura, entre outras actuacións. “Co cambio de Goberno que esperamos prodúzase tras as eleccións do 23X, asumiremos a responsabilidade de impulsar este esencial proxecto, que os socialistas marxinaron”, remarcan.