Esta cita organizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO, rexistra datos inferiores aos de edicións anteriores debido a factores como a climatoloxía (a calor conlevou que moitos ourensáns prefiriran visitar aldeas ou praias) ou a celebración dun salón semellante no recinto feiral de Vigo.
O salón recibiu menos visitas pero que acudiron con “clara intención de compra” , xa que o ratio de visita por venda de coche se mantuvo con respecto a outros anos, o que ven indicar o alto nivel de interese do público que se achegou esta fin de semana ó recinto. A esta cifra de ventas haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira.
A seguinte cita feiral relacionada con este sector celebrarase no mes de outubro. Será a 13ª edición do Salón del Automóbil Novo (14 a 16 de outubro de 2022) e do Salón do Automóbil de Ocasión (21 a 23 de outubro de 2022).
A vindeira cita feiral de Expourense terá lugar xa a próxima semana, os días 19 e 20 de maio, coa celebración da 11ª edición de Funergal, Feira Internacional de Pordutos e Servizos Funerarios.