Motor

O Castro rendiu homenaxe a Bárbara Oubel na cita do campionato galego

O circuito de O Castro, en Taragoña, acolleu este sábado 14 de outubro a quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross.

Óscar Gómez

Ourense | 16.10.2023 08:38

O Castro rendiu homenaxe a Bárbara Oubel na cita do campionato galego
O Castro rendiu homenaxe a Bárbara Oubel na cita do campionato galego | onda cero

Una xornada de competición na que o sol e a calor foron protagonistas logo das chuvias do pasado venres e que fixeron que decenas de afeccionados se achegasen ao trazado.

Na competición, triunfo na clase I para Martín Castro (Peugeot 106), que cun tempo final de 7:29,497 superou na final a Javier Lea e a Manoel Felipez, ambos aos mandos de Citroën Saxo.

Dentro dos participantes da clase II reservada para vehículos de máis de 1.600 centímetros cúbicos, primeiro lugar da clasificación para Daniel Castro, que ao volante do Peugeot marcou un crono final de 7:11,120. A continuación situáronse Iván Fernández e Antonio López Lence.

Na abundante clase II reservada para carcross, primeiro posto na final para Sergio Suárez cun Kincar. O segundo posto da clasificación foi para Rubén Barreiro e o terceiro para Alejandro Bermúdez, ambos en Yacarcross. Na clase V, tan só un participante, Manuel Bermúdez aos mandos do Yacarcross.

A derradeira proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross terá lugar en Carballo o sábado 11 de novembro.