O voceiro do sindicato CCOO no Concello de Ourense Manuel Pérez acusa ao alcalde, Gonzalo Jácome de 'defenestrar' os servizos sociais baixo o argumento de que quen 'debe ofrecelos é a Xunta de Galicia'. O sindicato alerta de que de 25 traballadores e traballadoras para atención a programas da área de benestar social únicamente van a quedar 11 deixando a atención á cidadanía en precario".
Manuel Pérez afirma que non comprende esta actitude
O sindicato confirma o remate dos contratos de traballadores e traballadoras sociais realizados por mor da pandemia da Covid, para atención a emigración e axuda no fogar e insta ao rexedor a facer ofertas públicas de emprego e a poñer en marcha novos programas de atención social.
Dende CCOO, Manuel Pérez afirma que 'non comprende esta actitude do grupo de goberno con servizos moi importantes para os cidadáns' particularmente para a xente maior e as persoas vulnerables.