Os sindicatos CCOO e UXT convocan a tradicional manifestación do 1º de Maio para defender o gañado ata o de agora e continuar avanzando con novos retos laborais e sociais.
A manifestación partirá ás 12 do mediodía dende o pavillón municipal de Os Remedios.
Ambas organizacións sindicais lembran que Ourense é unha das provinciais máis envellecidas e coa taxa de natalidade máis baixa, pero ademáis con feminización dos coidados no ámbito familiar e con fenda salarial de xénero.
Segundo os últimos datos da EPA, a taxa de desemprego é do 10,5% e o pleno emprego para CCOO e UXT debe ser prioridade nas políticas estatais, autonómica e local.
Tamén incidirán en que hai que ofertar un futuro digno á mocidade para fixar poboación e nun futuro laboral sostible.