FOLGA AUTOMOCIÓN

A CIG pide a Xunta e Estado medidas para que Ourense "non esmoreza"

O sindicato califica coma un "éxito" aos paros nos que na provincia de Ourense están afectadas 14 empresas auxiliares do sector da automoción

Jesús Álvarez

Ourense |

Xornada de Folga na Automoción (Concentración CIG Ourense)
Xornada de Folga na Automoción (Concentración CIG Ourense) | Onda Cero Ourense

O sector da automoción afronta unha xornada de folga de 24 horas convocada pola Confederación Intersindical Galega baixo o lema "os nosos empregos, os nosos dereitos". En Ourense foron perto de 200 traballadores os que se concentraron diante da delegación da Xunta e posteriormente sairon en manifestación para concentrarse tamén diante da Subdelegación do Goberno. Durante as mobilizacións puideron escoitarse proclamas coma "Stellantis culpable, Xunta responsable", "non á deslocalización" ou "ertes na automoción, precariedade e explotación".

Na provincia de Ourense víronse afectadas unhas 14 empresas nas que o seguemento da folga foi desigual anque según a CIG pódese considerar coma "exitoso" con paros totais en empresas coma Faurecia, Tecnogap ou Hispamoldes.

O responsable da Federación de Industria da CIG, Indalecio Gómez reclamaban a Xunta e estado "medidas de control das axudas que lle dan ás empresas e plans que permitan manter o emprego" facendo especial mención á provincia de Ourense onde o sindicato mantén enmarcha dende hai meses a campaña "Ourense esmorece". Para Gómez a provincia de Ourense está nunha "situación crítica" e avellentada que precisa un trato "especial" por parte das administracións.