LABORAL

CIG e UXT convocan concentracións "polo emprego" e contra a "represión sindical"

As centrais sindicais convocan mobilizaciónsa para reclamar a readmisión de cinco despedidos no Grupo Indeo (Antiga Hispamoldes)

Jesús Álvarez

Ourense | 25.09.2024 13:01

Representantes de CIG e UGT na presentación das mobilizacións
Representantes de CIG e UGT na presentación das mobilizacións | onda cero ourense

Os sindicatos Cig e Uxt inician este xoves unha campaña de mobilizacións para denunciar a represión sindical no grupo INDEA (antiga hispamoldes) e reclamar a readmisión de cinco despedidos, tres deles delegados sindicais que se negaron, según o responsable da Federación de industria da CIG, Indalecio Gómez a asinar un Erte en maio e denunciaron o contínuo desmantelamento industrial dunha empresa vencellada ao sector da automoción que aseguran “é viable”.

O responsable de industria de UXT Ourense, Manuel González denunciaba presuntas "coaccións" da empresa aos traballadores e afirmaba que "o ERTE unilateral ainda non foi aplicado". González aseguraba ademáis que "estase a facer un ERE encuberto onde se despediron a 12 traballadores de 41 dos que o 40% pertenecen a área de producción", o que a xuizo do sindicalista revela as intencións de "deslocalización" da empresa nunha provincia "necesitada de emprego e que ocupa un dos últimos postos no ranking de avellentamento e cotizacións".

Hispamoldes fora creada polo empresario luso, Mario Da costa e inaugurada polo ex presidente popular da Xunta, Manuel Fraga, chegando a ter máis dun cento de empregados e recibindo cuantiosas axudas públicas que según afirman os sindicatos "non foron vixiadas". Neste contexto sinalan que nunha xuntanza no IGAPE a Xunta sinalou que "podería seguir poñendo fondos, sen embargo os empresarios seguen sen despexar o futuro da empresa porque non se pronunciaron".

CIG e UXT convocaron a concentración convocada ás 12 do mediodía diante das instalacións do grupo no Parque Tecnolóxico de Galicia para "reclamar a readmisión dos despedidos e o mantenemento do emprego en Ourense".