Amigos da Terra

O colectivo ecoloxista denuncia a sustitución de zona verde por "formigonado"

Amigos da Terra e Amigas das Arbores denuncian unha obra de ampliación de beirarrúas da Xunta entre o Pavillón dos Remedios e Antón Failde

Jesús Álvarez

Ourense | 14.08.2024 11:37

Obras da Xunta no entorno do Pavillón dos Remedios de Ourense
Obras da Xunta no entorno do Pavillón dos Remedios de Ourense | Amigos da Terra

Amigos da terra critica o "formigonado" de parte dunha zona verde a carón do Pavillón dos remedios de Ourense onde se executan obras da Xunta de Galicia. Dende a organización ecoloxista sinalan que a actuación estase a facer co silencio cómplice do Concello de Ourense e incumplindo as directivas da Oms e mesmo da Unión europea, propiciando que en lugar de refuxios climáticos, cidades coma Ourense con máis de cenmil habitantes acaben “estragando o patrimonio arbóreo dos poucos parques e xardíns que temos e convertindo á capital nunha gran illa de calor” ante a pasividade tamén doutras administracións coma a central ou provincial.

Dende Amigos da Terra e Amigos das Árbores o ecoloxista Xosé Santos reclama "menos cemento e máis coñecemento".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora