MOBILIZACIÓNS CHUO

O colectivo de Médicos "Fiou" de Ourense volve a reclamar "condicións dignas"

Os médicos ourensáns integrados na coordenadora "Fiou" retomaron as concentracións que serán agora de carácter mensual

Jesús Álvarez

Ourense |

Hospital Ourense
Hospital Ourense | Ourense.com

Nova protesta do colectivo de médicos da coordenadora "Fiou" diante do Complexo Hospitalario de Ourense e dos centros de Atención Primaria para seguir reclamando a mellora das condicións de traballo, algo que aseguran "aínda non aconteceu malia o cambio na xerencia".

Un dos voceiros do colectivo, o doutor Pablo López Matosinalou que, en primeiro lugar, queren "unha equidade na contratación en Ourense respecto das outras áreas sanitarias galegas". Ademáis reclaman "unha adecuada dimensión das plantillas" e "solucións aos problemas de urxencias ou oftalmoloxía". Doutra banda piden "unha reducción da burocracia que permita centrarse en dar unha atención de meirande calidade aos pacientes".

Ademáis baixo o lema “Por unha Unidade de Críticos de nivel dous e non de segunda” regresan tamén os venres as concentracións convocadas pola Comisión de Centro do CHUO. Precisamente dende a comisión denunciaban a actitude da xerencia con este colectivo asegurando que a nova xerencia "aínda non mantivo unha xuntanza formal para abordar asuntos urxentes e prioritarios" entreles o derrube de teitos ou a cancelación de cirurxías programadas polo que se cursou unha nova solicitude de xuntanza.

A presidenta da Comisión de Centro,Belén Gonzálezlembraba que queren "saber se as obras do denominado Hospital 2050 rematarán antes dese ano" e cales serán as solucións ás reivindicacións pola "falta de persoal na UCI ou as prolongacións de xornadas en quirófanos ou en radioloxía intervencionista". González asegura que "ningún profesional abandoa as suas responsabilidades e menos ante unha urxencia" pero agarda que as demandas laborais sexan resoltas tras recoñecer que viron "predisposición na nova xerencia". Con todo, lémbranlle ao novo xerente Santiago Camba que "é unha obriga que as cuestións laborais sexan consultadas cos órganos de representación do persoal".

Ademáis dende a Comisión de Centro reclaman á xerencia que “non se excuse sempre na falta de persoal para a cobertura de necesidades ou aumento de efectivos” e que "deixen de ofrecer precariedade ao persoal eventual”. Neste contexto lembraba a presidenta que outro dos "conflictos" a resolver é o da "necesidade de incrementar o persoal de enfermería nos Puntos de Atención Continuada onde Ourense ten das peores ratios de Galicia".