Deporte

O complexo deportivo de Monterrei reabre as súas portas

Os espazos dispoñibles serán as 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 13.05.2020 09:13 )

complejo deportivo Monterrei | La Region

O Complexo Deportivo de Monterrei vén de abrir as súas portas no día de hoxe seguindo o protocolo básico de actuación elaborado pola Xunta e que será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. Nesta primeira fase da desescalada o obxectivo será a recuperación dos adestramentos. A práctica deportiva será individual ou que se poida desenrolar por un máximo de dúas persoas no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Ao recinto poderá acceder calquera persoa que desexe realizar unha práctica deportiva , incluídos os deportistas de alto nivel, de alto rendemento, profesionais, federados, árbitros ou xuíces e persoal técnico federativo. Poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditar debidamente. Poderase permitir un acompañente a deportistas con discapacidade ou menores que requiran a súa presenza.

Pista atletismo de Monterrei | xunta de galicia

O horario de apertura será de luns a domingo de 9,00 a 22,00 horas e os espazos dispoñibles serán as 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre. O tempo de utilización das instalacións será dunha duración máxima de dúas horas por quenda.

Para poder usar estas instalacións os usuarios deberán concertar cita telefónica de 09,00 a 12,00 no teléfono 629576393. Ademais deberán presentarse nas oficinas do Complexo Deportivo de Monterrei para o seu rexistro e verificación de horario e instalación, así como cumprimentar a ficha do Anexo I que se pode descargar na páxina web do Deporte Galego. Todos os usuarios deberán cumprir estritamente coas medidas de protección e seguridade establecidas polas normas vixentes e detalladas no protocolo básico de actuación.

No primeiro día de apertura, o Complexo Deportivo de Monterrei concertou un total de 13 citas: 3 para as pistas de atletismo, 6 para as pistas de tenis e 4 para as pistas de pádel.

Neste protocolo básico de actuación subido no portal do Deporte Galego establécense as medidas levadas a cabo previas á apertura do centro así como as medidas que deben realizar os usuarios para cada espazo dispoñible.