Ourense Cidade

O Concello achega os escolares da cidade ao “Ourense Literario”

A actividade está organizada pola Concellería de Educación, coa colaboración da oficina Municipal de Turismo, co obxectivo de que mozos e mozas coñezan a estreita relación que existe entre a cidade de Ourense e a Literatura.

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello achega os escolares da cidade ao “Ourense Literario”
O Concello achega os escolares da cidade ao “Ourense Literario” | onda cero

O Concello achega os escolares dos centros educativos da cidade ao “Ourense Literario”, a través dun ciclo de visitas didácticas. Esta mañá, mozos e mozas do IES Blanco Amor participaron na primeira das rutas, que comezou nas Burgas e percorreu diferentes espazos no Centro Histórico que contan cunha importante significación literaria por seren escenario de novelas, espazos de creación artística e actividade editorial, amais de ser os lugares onde viviron e desenvolveron a súa obra autores como Otero Pedrayo, Padre Feijóo, Xaquín Lorenzo “Xocas”, Eduardo Blanco Amor ou Florentino Cuevillas.

A actividade está organizada pola Concellería de Educación, coa colaboración da oficina Municipal de Turismo, co obxectivo de que mozos e mozas coñezan a estreita relación que existe entre a cidade de Ourense e a Literatura. Contará coa participación, ao longo das próximas semanas, de 412 estudantes de Secundaria dos centros educativos da cidade. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu esta mañá ao inicio da actividade, que forma parte do programa municipal “Coñece a túa cidade”.