A veciñanza gozarán dunha variedade de eventos, como concertos, monólogos de humor, teatro, obradoiros e actividades típicas da tempada, como a Carreira Solidaria que despide o ano e a Cabalgata de Reis.
Os/as máis pequenos/as terán a oportunidade para gozar de obras de teatro durante este Nadal. O 16 e 23 de decembro, presentaranse as obras "Cecilia e a súa boneca" e "Backstage" na Casa da Cultura de Allariz ás 18:30h ambos os días. Ademais, o sábado 16 de decembro, ás 22:30h, o Campo da Barreira acollerá o concerto dos alaricanos Roña e Kulo de Rata.
O domingo 17, a Escola da Banda Unión Musical de Allariz ofrecerá un concerto de balde ás 12:30h no mesmo lugar.
Do 26 de decembro ao 3 de xaneiro, o pavillón do IES de Allariz acollerá o Nadal Parc, onde os/as nenos/as de ata 12 anos poderán gozar de inchables, áreas de xogo e obradoiros. Os obradoiros teñen capacidade limitada polo que deberás consultar dispoñibilidade de prazas na Casa da Cultura de Allariz.
O 31 de decembro, celebrarase a Derradeira Solidaria con carreiras para adultos ás 11:00h e para nenos ás 12:00h, ambas cunha saída dende a Praza Maior. Sergio Pazos visitará Allariz o sábado para contaxiar humor ás 20:30h na Casa da Cultura. As entradas estarán dispoñibles na mesma Casa da Cultura.
A Cabalgata de Reis Magos partirá dende a Alameda ata o Pavillón do IES de Allariz o 5 de xaneiro ás 18:30h.