O Concello de Ourense aprobou as bases do concurso que distinguirá as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile central do Domingo do Entroido na cidade, que se desenvolverá o día 19 de febreiro. O Concello incrementa este ano todos os premios e as axudas coa finalidade de fomentar a participación nesta emblemática cita do Entroido ourensán. O certame está dotado este ano con 22.000 euros.
“Dispárase o ‘pistoletazo’ de saída do Entroido 2023”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen agarda para este ano “unha excelente participación” no desfile da cidade, e anima a veciñanza a sumarse á convocatoria e ir preparando os seus disfraces. O prazo de inscrición abrirase proximamente e rematará o día 15 de febreiro.
A participación está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios etc. que o desexen. As inscricións das carrozas e comparsas poderase realizar a través do Rexistro Xeral do Concello, usando os modelos de inscrición que se poderán obter na páxina web do Concello e na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición, será a través de sede electrónica do Concello. O prazo de inscrición rematará o mércores 15 de febreiro ás 14 h.
As bases aumentan todos os premios dos concursos:
· Comparsas con máis de 10 compoñentes:
1º premio 1.000 €
2º premio 800 €
3º premio 600 €
· Comparsas con menos de 10 compoñentes:
1º premio 500 €
2º premio 400 €
3º premio 300 €
· Premios especiais, para as comparsas:
A máis numerosa, 500 €
A máis ocorrente ou graciosa, 500 €
Mellor animación / musical 500 €
· Carrozas:
Mellor deseño, 500 €
Mellor animación, 500 €
Axudas
Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden premio, ata un máximo total de 17.500 €:
· Carrozas.
Para cada unha delas 150 €
· Comparsas
de 5 a 9 compoñentes 75 €
de 10 a 19 compoñentes 100 €
de 20 a 29 compoñentes 150 €
de 30 a 39 compoñentes 200 €
de 40 a 49 compoñentes 250 €
de 50 compoñentes en adiante 300 €