Ourense Cidade

O Concello asina un protocolo de inicio de irmandamento co municipio de San José

As dúas cidades pretenden “promover os intercambios amistosos e fortalecer a cooperación nos ámbitos da cultura, o turismo, o comercio, o desenvolvemento empresarial e urbano, entre outros”.

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello asina un protocolo de inicio de irmandamento co municipio de San José
O Concello asina un protocolo de inicio de irmandamento co municipio de San José | onda cero

O Concello de Ourense inicia os trámites para o irmandamento coa municipalidade de San José, capital da República de Costa Rica. O alcalde Gonzalo Pérez Jácome e os rexedores Jorge Montes Cabezas e Lenín Barrantes Villarreal (en representación do alcalde da cidade costarriqueña, Johnny Araya), asinaron no salón de plenos o protocolo previo ao inicio dos trámites, que ambos os dous municipios pretenden desenvolver para irmandar as dúas cidades. O obxectivo, segundo indica o documento, é “promover os intercambios amistosos e fortalecer a cooperación nos ámbitos da cultura, o turismo, o comercio, o desenvolvemento empresarial e urbano, entre outros”.

O Concello asina un protocolo de inicio de irmandamento co municipio de San José
O Concello asina un protocolo de inicio de irmandamento co municipio de San José | onda cero

O protocolo pon de relevo o convencemento de que “o fortalecemento dos vínculos amistosos entre ambas as cidades contribúe ao coñecemento mutuo entre os cidadáns e as cidadás dos dous municipios e axuda a promover o desenvolvemento das relación de amizade e intercambios de cooperación entre San José e Ourense, ao mesmo tempo que a consolidación da amizade favorecerá o desenvolvemento da colaboración institucional entre os dous municipios na base da igualdade e a asistencia mutua”.

O protocolo culminará cunha proposta de irmandamento que se levará aos plenos das dúas cidades e coa celebración dun acto institucional conxunto.