A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, presentou a programación de actividades que organiza o Concello de Ourense para celebrar o 8-M, Día internacional das mulleres. “Sermos coas outras. A diversidade fortalécenos. Mesma tea, distintos padróns” é o lema da programación deseñada polo Concello, que conta co financiamento a cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Contacontos, acto institucional, pasarrúas, entrega do Premio Clara Campoamor, cine en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, teatro, faladoiro coa sexóloga e psicóloga Beatriz Pérez son algunhas das propostas, que se irán desenvolvendo desde o día 7 ao 24 de marzo, xunto coa actuación de Cintadhesiva, en Mura Marxinal, a Xornada de portas abertas: Achégate a coñecer o CIM e o obradoiro para mulleres: Re-móvete: mulleres, corpos e diversidade, a cargo de Almudena Herranz e Mar Márquez.
Todos os actos son de balde e contarase cun servizo de canguraxe e con intérprete de signos, previa solicitude á Concellería de Igualdade cun mínimo de 2 días de antelación.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
7 e 8 de marzo, Contacontos: "O ratiño presumido" - TrinkeTrinke Teatro
Sinopse: A gran Lilí Gruyère recibe un importante encargo profesional: dirixir o musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco. Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado na biblioteca polos país, nais ou mestras asistentes e polo propio Fuco.
10:30 e 12:30h, CEIP Seixalbo, CEIP Covadonga/Eiroás, CPI José García (Mende) e CEIP Albino Núñez
8 de marzo. Acto institucional do Día Internacional das Mulleres
12:00h, salón de plenos
Pasarrúas con Brassica Rapa (brass-band feminina) e Xeitura Coop. (dinamización da campaña 8M "Mulleres e Diversidade")
De 11.15 a 13.00h, nas rúas e prazas do Casco Vello-Paseo e Parque de San Lázaro
9 de marzo. Acto de entrega do XVI Premio Clara Campoamor á Iguadade. Actuación de Soul & Roll
20:30h, Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5)
10 de marzo. Cine: Colmea (Hive); Dir. Blerta Basholli (Kosovo, 2021) 84 min.
Actividade coorganizada co Cineclube Padre Feijoo.
Sinopse: Nunha cidade de Kosovo, as familias loitan por chegar a fin de mes, ansiosas por noticias de maridos, pais e fillos que foron á guerra. Cando as abellas de Fahrije deixan de producir mel, decide sacar o carné de conducir e atrévese a ir á cidade para vender ajvar caseiro nun supermercado local. O seu enxeño e ambición pon a proba aos habitantes dunha vila conservadora por natureza na que seguen vixentes as nocións patriarcais e tradicionais da sociedade. Para sobrevivir teñen que superar os insultos e as agresións físicas que intentan impedir que a muller poida valerse por si mesma por todos os medios.
Premios 2021: Festival de Cine de Sundance: 3 premios, incluido o Premio do xurado - Mellor película (cine mundial) / 2021: Valladolid Film Festival - SEMINCI: Mellor actriz (Yllka Gashi).
20.30h, cineclube Padre Feijoo (Rúa Concello, 11)
11 de marzo. Teatro: As alumnas. Dirección: Fina Calleja; Texto: Paula Carballeira.
Sinopse: Dirixida a un público adulto, a obra trata sobre a pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. As alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación do público activo.
20.00h, Teatro Principal. Recollida de entradas no teatro 2 horas antes da función.
15 de marzo. Cine: Volver a empezar (Herself); Dir. Phyllida Lloyd (Irlanda, 2020)
Sinopse: Sandra (Clare Dunne) é unha moza nai solteira que un día decide deixar ao seu ex-marido abusivo e loitar contra o corrupto sistema inmobiliario. A súa idea é construír a súa propia casa, unha casa cálida, segura e feliz onde medran as súas dúas pequenas fillas. Para iso, contará cunha serie de amigos dispostos a apoiala e axudala. No proceso non só reconstrúe a súa vida, senón que tamén se descobre a si mesma.
Premios 2020: British Independent Film Awards (BIFA); Candidata á mellor actriz (Clare Dunne) .
Hora: 20.30h, Cineclube Padre Feijoo (Rúa Concello, 11)
16 de marzo. Faladoiro: E logo tí, quen ven sendo? Semellantes e diferentes. Mirando a diversidade desde a sexoloxía
Relatora: Beatriz Pérez Fernández. Sexóloga e Psicóloga
20.00h, Centro Cívico Colón (Rúa Colón, 18)
18 de marzo. Actuación: de CINTAADHESIVA (Silvia Penas -poetisa- e Jesús Andrés Tejada -músico-)
Xénero "e-poesía", poesía con música electrónica, con contidos marcadamente feministas e unha visión crlitca de diversos ámbitos do social. En difinitiva, unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
20.00h, Mur Marxinal (Rúa Manuel Murguía, 11)
23 de marzo. Xornada de portas abertas. Achégate a coñecer o Centro municipal de Información ás Mulleres (CIM)
De 10.00 a 14.00h, no CIMM-Concellaría de Igualdade (Rúa do Ensino, 24, O Couto)
24 de marzo. Obradoiro para mulleres: Re-móvete: Mulleres, corpos e diversidade
Dinamizan: Almudena Herranz Roldán (Sexóloga, integrante do Instituto de Sexoloxía INCISEX) e Mar Márquez Gallardo (Sexóloga e bailarina).
De 17.00 a 20.00h, na Concellaría de Igualdade (Rúa do Ensino, 24, OCouto)