O Concello de Ourense e o colexio María Auxiliadora colaboran nunha campaña de sensibilización sobre a problemática do aceite usado doméstico na cidade. Esta campaña enmárcase nas actividades da subvención obtida dentro do Programa PIMA do actual Ministerio de Transición Ecológica, actuación centrada na mellora da xestión de residuos nas cidades.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, recorda que a falta de xestión de este tipo de residuos provoca riscos de contaminación no sistema de augas da cidade, ademais de problemas técnicos en ditas redes de xestión da depuración de augas da cidade. “Un só litro de aceite pode chegar a contaminar hasta 40.000 litros de auga” indican os informes do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Máis de 300 estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do centro educativo María Auxiliadora participarán nesta actividade, onde o obxectivo é concienciar a nenos e adultos sobre a problemática dos aceites usados e as posibles solucións que se poden aplicar. Os aceites usados domésticos poden ser convertidos en xabóns para uso caseiro, pero tamén poden ser usados como biocombustibles, fin para o que é reciclado no Concello de Ourense.
Jorge Pumar agradece aos estudantes do centro, en especial aos máis cativos, a súa implicación nesta campaña que mellora a calidade de vida da cidade, e invita a todos os veciños a utilizar os 105 contedores especialmente deseñados para o reciclaxe de residuos de aceites usados domésticos que están distribuídos por toda a cidade.