O Concello de Ourense conmemorou no Salón de Plenos, o Día Internacional das Mulleres. Ao acto, que asistiron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, quen deu lectura á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) por esta celebración, e a capitá do equipo de fútbol sala feminino Cidade de As Burgas, Sonia Pacios. O equipo ourensán presentou neste acto a súa nova equipación, de cor morada, con motivo desta celebración, coa que xogará os seus partidos durante este mes.
A programación de actividades do Concello polo 8M continuará mañá coa entrega do XVI Premio Clara Campoamor á Iguadade, ás 20:30h, no salón noble do Liceo. As actividades continuarán até o día 24 de marzo, con propostas como cine, teatro, faladoiros, obradoiros, poesía e a xornada de portas abertas: Achégate a coñecer o CIM.