A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará, este luns 28 de setembro, os traballos de acondicionamento e mellora dun noiro (talud) na rúa J, do barrio de Seixalbo. Trátasse do muro adxacente a un parque público emprazado entre as rúas J e a marxe esquerda da rúa Seixalbo, e o orzamento é de 46.775 euros, IVE incluído.
O prazo de execución da obra será de 1 mes, e para o desenvolvemento dos traballos haberá que cortar a zona de estacionamento e a metade das vías paralelas ao noiro -para poder asentar o guindastre e o resto do equipo-, así coma a zona de estacionamento dos edificios máis próximos ao noiro, na rúa do Cumial.
O Concello de Ourense prégalle paciencia e comprensión á veciñanza da zona mentres duren as obras, e pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.