Ourense Cidade

O Concello oferta actividades de animación á lectura nas bibliotecas públicas

Desenvolveranse nas bibliotecas de San Francisco, A Ponte e A Carballeira. Son gratuítas, e van dirixidas á rapazada de 2 a 12 anos. 'Ler conta moito' é un programa promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

Óscar Gómez

Ourense | 20.06.2023 07:59

O Concello oferta actividades de animación á lectura nas bibliotecas públicas
O Concello oferta actividades de animación á lectura nas bibliotecas públicas | la voz de galicia

O Concello de Ourense ofrece, a través das súas bibliotecas públicas municipais -A Ponte, San Francisco e A Carballeira-, un programa de animación á lectura nos meses de xullo e de agosto. Dirixido ao público infantil -entre 2 e 12 anos-, o programa está aberto a persoas de todas as idades. Todas as actividades son de balde e comezarán ás 11.00 horas.

Este programa forma parte do proxecto Ler conta moito, unha iniciativa da Xunta de Galicia para dinamizar a lectura a través de actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente. Desenvólvese nas bibliotecas públicas adheridas á Rede Galega de Bibliotecas Públicas.

Xullo 2023

Luns 17, 11.00 horas – BPM San Francisco

Xela, a superheroína de aldea. Inma Soto

Venres 21, 11.00 horas – BPM A Ponte

Cecilia e a súa boneca. A Run Run

Xoves 27, 11.00 horas – BPM A Ponte

A maxia dos contos. Mago Teto

Venres 28, 11:00 horas – BPM San Francisco

O mago Albert ten moito conto. Mago Albert

Agosto 2023

Mércores 9, 11:00 horas – BPM A Carballeira

Uxía e o garabato. Sabela Gago

Mércores 23, 11:00 horas – BPM A Carballeira

Antoloxía de despropósitos. A maga Fani.