Ourense Cidade

O Concello de Ourense achegarase ao alumnado de Primaria cun programa sobre os incendios forestais

Utilizarase o teatro como medio lúdico e didáctico, coa fin de que aprendan os recursos para un aproveitamento sostible do monte.

Óscar Gómez

Ourense | 08.02.2023 08:10

O Concello de Ourense achegarase ao alumnado de Primaria cun programa sobre os incendios forestais
O Concello de Ourense achegarase ao alumnado de Primaria cun programa sobre os incendios forestais | onda cero

O Concello de Ourense, dentro do programa de Educación en Saúde e Medio Ambiente que desenvolve a Concellería de Educación para os escolares de Educación Primaria, iniciou esta mañá no CPR Mestre Vide os obradoiros Conta coa Natureza, un programa de sensibilización ambiental para que a cativada tome conciencia dos incendios forestais. A programación realizarase a través de contacontos teatralizados, mesturando o carácter lúdico e o didáctico coa fin de que aprendan os recursos para un aproveitamento sostible do monte.

Con este obradoiro preténdese espertar o interese polos problemas dos lumes, adoptando as competencias básicas e intelixencias múltiples (sociais, cívicas, lingüísticas e naturais) como eixe integrador da personalidade do alumnado. O teatro actuará como unha estratexia para explorar e aprehender unha concepción que remite á necesaria actitude de respecto e de conservación do medio natural.

No programa participarán 843 alumnos/as de diferentes centros educativos da cidade.