Concello de Ourense

O Concello de Ourense colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína

A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, fai un chamamento á solidariedade da veciñanza ourensá, “porque a poboación de Ucraína merece toda axuda que lle poidamos brindar”

Óscar Gómez

Ourense | 04.03.2022 12:11

O Concello de Ourense colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína
O Concello de Ourense colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína | La opinion A Coruña

O Concello de Ourense colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína para enviar artigos de primeira necesidade ao pais que está a sufrir unha guerra por mor da invasión de Rusia. A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, fai un chamamento á solidarizade da veciñanza ourensá, “porque a poboación de Ucraína merece toda axuda que lle poidamos brindar”.

Froito desta colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, establécense puntos de recollida nos Centros Cívicos do Concello de Ourense e tamén na Agrupación de Protección Civil, coa fin de recadar alimentos non perecedoiros, roupa (sobre todo térmica), medicinas, artigos de hixiene persoal, kits de costura, e elementos de supervivencia que poidan servir para axudar á poboación civil nestes duros momentos.

Establécense puntos de recollida nos Centros Cívicos e en Protección Civil de alimentos non perecedoiros, roupa, medicinas, de hixiene persoal, kits de costura, e artigos de supervivencia que poidan servir para axudar á poboación civil nestes duros momentos

Entidades deportivas como a Unión Deportiva Ourense, Ourense CF, Barbadás, Pavillón, Cidade das Burgas, Xuventude e Velle, entre outras, así como as Anpas de colexios concertados da cidade tamén colaborarán co Concello de Ourense establecendo puntos de recollida nos días de partido

Eugenia Díaz Abella destaca “a solidariedade inmensa que está amosar a sociedade ourensá, pois cada día se unen máis colectivos, negocios privados e organismos a esta iniciativa de axuda a Ucraína”.