Concello de ourense

O Concello de Ourense organiza 12 Obradoiros de Emprendemento e Innovación

Estas actividades están dirixidas a persoas de todas as idades, e impartiranse desde o 20 de xuño, ata o 7 de xullo a través de Formación b-learning.

Óscar Gómez

Ourense | 30.05.2022 09:44

O Concello de Ourense organiza 12 Obradoiros de Emprendemento e Innovación
O Concello de Ourense organiza 12 Obradoiros de Emprendemento e Innovación | onda cero

O Concello de Ourense, dende o Servizo de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica, desenvolve as actividades do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores. Estas actividades están dirixidas a persoas de todas as idades.

O Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, foi aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP), área de cooperación 1- Galicia-Norte de Portugal, está cofinanciado nun 75% por o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Concello de Ourense é o beneficiario principal deste proxecto que ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

No marco da actividade 3 do proxecto, “Academia Maker: Formación en emprendemento a través de tecnoloxías maker”, o Concello de Ourense organiza 12 obradoiros de Emprendemento e Innovación, 11 on-line e 1 presencial, que inclúen formación en competencias emprendedoras e xestión empresarial.

Esta formación está dirixida a calquera persoa de Galicia e do Norte de Portugal, que teña unha idea de emprendemento en calquera das súas fases. A partir deste luns, día 30 de maio, estará aberto o prazo de inscrición no seguinte enlace: https://academiamakers.pildorasdigitales.es/