A cidade de Ourense participa nos XV Xogos do Eixo Atlántico, que reúnen 2.400 deportistas nas localidades portuguesas de Famalicão e Braga. Mozos e as mozas da cidade competiran en 10 especialidades diferentes: baloncesto masculino e feminino, fútbol 7 masculino e femenino, atletismo masculino e feminino, natación masculina e feminina, balonmán feminino e voleibol feminino.
O campionato, nesta edición número 15, reúne 2.400 participantes procedentes de Galicia e do Norte de Portugal, a que representa a cifra máis alta nos 30 anos de existencia dos xogos.
Desde a súa orixe, en 1995, esta competición é unha das principais bandeiras do Eixo Atlántico e un factor de grande mobilización de mozos deportistas. Realízanse cada 2 anos e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa. Os Xogos teñen como obxectivo fomentar a participación de toda a cidadanía e a construción da Eurorrexión do Eixo Atlántico que, á súa vez, enmárcase na construción da Europa das cidades e da cidadanía.