Ourense Cidade

O Concello de Ourense planta novas árbores no entorno remodelado de Oira

Trátase de 20 arces de Montpellier, que veñen a completar o entorno da zona de aparcamento e a beirarrúa.

Óscar Gómez

Ourense | 23.01.2023 09:49

O Concello de Ourense planta novas árbores no entorno remodelado de Oira
O Concello de Ourense planta novas árbores no entorno remodelado de Oira | onda cero

O Concello de Ourense vén de plantar 20 novas árbores no entorno remodelado de Oira. Trátase de 14 árbores na zona do novo aparcamento, e 6 máis na beirarrúa de acceso a zona recreativa. Esta plantación lévase a cabo tras as actuacións de remodelación dos accesos a esta zona, e dentro da campaña de aumento da masa arbórea que está a desenvolver o Concello.

O Concello remodela a glorieta que conecta as rúas Nicomedes Pastor Díaz e Fernández Alonso

O Concello remodela a glorieta que conecta as rúas Nicomedes Pastor Díaz e Fernández Alonso
O Concello remodela a glorieta que conecta as rúas Nicomedes Pastor Díaz e Fernández Alonso | onda cero

O Concello de Ourense remodela a glorieta que conecta as rúas Nicomedes Pastor Díaz e Fernández Alonso, na zona da Carballeira. Esta intervención, serve de colofón á obra de acondicionamento que tivo lugar na rúa Vázquez Núñez, e que se inaugurou a pasada semana.

A actuación consistiu diversos apartados que foron a poda de formación das especies vexetais, a posta en marcha dun sistema de rego que estaba avariado, a plantación de máis especies vexetais, e a instalación dun sistema de baixo mantemento, cunha malla antiherbas. No centro deste elemento urbano quedou un carballo Quercus, como símbolo do topónimo da zona.