Esta iniciativa ten como finalidade fomentar a saúde integral dos nenos e das nenas, empregando a actividade física e o deporte como medio para conseguilo. Educación deportiva para a vida estrutúrase para evitar o abandono e o fracaso escolar partindo da motivación real, valorando todas as intelixencias, e dando visibilidade ao camiño que outras persoas abriron antes cara a un futuro profesional vinculado co deporte. Durante este curso participarán un total de 2.731 escolares daqueles centros que o solicitaron, comezando no CPR Luis Vives mañá, mércores, 1 de febreiro, ás 10:30 horas.
Esta iniciativa forma parte do programa educativo Educación en Saúde, e imbricada no Programa Saúde Integral, da Fundación SHE que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.