O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, e os enxeñeiros Edgard Conde e Ignacio Abadín presentaron a nova aplicación mOUbil – Ourense no peto, que o Concello pon á disposición da cidadanía, para dar servizo tanto a veciñanza como aos turistas que visitan a cidade. Trátase, explicou o alcalde, dunha APP que ten como finalidade “mellorar a interacción co Concello de Ourense dixitalmente e mellorar todo o que sexa posible a calidade de vida a través da tecnoloxía”. O alcalde destacou que “a diferencia doutros condellos que encargan estas aplicacións caras a empresas privadas”, esta APP foi desenvolvida polos enxeñeiros do Departamento de Innovación Tecnolóxica e Dinamización Administrativa do Concello.
A app, que forma parte do programa de dixitalización do Concello de Ourense, xa se pode descargar desde App Store e Google Play, compatible coa versión android 6.0 e dispositivos iPhone (5 en diante). e conta con funcionalidades de:
- Avisos: información sobre tráfico, cortes de abastecemento, desvíos por obras, etc. e incorpora o servizo de notificacións push.
- Sede electrónica: Facilítase o acceso ás novidades e anuncios da sede, información sobre ordenanzas e procedementos
- Turismo: Organiza a información en varias categorías para que sexa doada de consultar e integra a ferramenta de listas de Google Maps para localizar elementos e acceder a datos actualizados (horarios, presos, etc).
- Saúde: Listas de Google Maps con información sobre centros de saúde, farmacias e hospitais. Mostra a farmacia de garda de cada noite.
- Autobuses: Unha interface clara e limpa que tenta faciliutar a información acerca das paradas, liñas e tempos estimados. Permite buscar unha parada e ver os proximos buses que pasarán por ela, seleccionar unha liña e ver todas as súas paradas e tempos aproximados de paso, así como acceder a información sobre o tren turístico, o Moucho bus, a tarxeta milenio ou as tarifas.
- Teléfonos de interese: Directorio telefónico cos diferentes departamentos do Concello.
- Servizos sociais: Listas de Google con información sobre atención social, cultura, deporte, educación...
- Actualidade: Destacados, noticias e eventos, con notificacións push para que as persoas usuarias accedan rápidamente á información máis actual.
- Ademais das persoas que residen na cidade, as e os turistas poderán baixarse a aplicación para recompilar información de interese na vúa visita a Ourense
A aplicación está desenvolvida en 3 idiomas: galego, castelán e inglés. Conta con modo escuro, cunha luz menos danina e menos consumo de batería, e información de desenvolvedor, políticas de privacidade, contacto e atribucións.
Os enxeñeiros do Departamento de Innovación Tecnolóxica e Dinamización Administrativa (DIT) do Concello avanzaron que seguirán a traballar para incorporar máis funcionalidades futuras á aplicación.