O Concello de Ourense requírelle á Xunta de Galicia que acometa a urxente reparación das múltiples deficiencias que presenta a Avenida de Zamora, da que é titular a Administración autonómica. Así o manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que desde o Concello lle remitirá unha petición “para que repare de inmediato o malísimo estado no que se atopa a rúa”, con múltiples deficiencias que poñen en perigo a seguridade viaria. O rexedor subliña que esta céntrica rúa da cidade “leva anos de descoido, ten unhas fochancas tremendas e un aspecto terceiromundista”.
![O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora](https://image.ondacero.es/clipping/cmsimages01/2024/04/02/FE8A7A27-0489-4D63-A6AD-A8EAF7B02A78/58.jpg?crop=3951,2240,x22,y0&width=1000&height=567&optimize=low&format=webply)
Pérez Jácome refire que “moita xente na cidade queda impresionada polo mal estado da rúa e cre que o Concello é responsable. Temos que deixar claro que o Concello non é responsable da rúa porque a titularidade e a responsabilidade do mantemento é da Xunta de Galicia”.
Por este motivos, indica o alcalde que “faremos as instancias pertinentes de forma urxente, xa se fixo moitas veces e non fixeron caso e volveremos facelo unha vez máis”. O goberno municipal valora tamén levar o asunto ao pleno ou mesmo trasladar esta demanda ao Parlamento da Xunta de Galici