SERVIZOS SOCIAIS

Concello de Ourense e Xunta asinan o convenio do "Xantar sobre rodas"

O servizo da Xunta "Xantar sobre rodas" comezará a prestarse no Concello de Ourense para chegar a 62 usuarios

Jesús Álvarez

Ourense |

Comisión de seguimiento de los comedores escolares de Gijón
Comisión de seguimiento de los comedores escolares de Gijón | www.pexels.com

Case catro meses despóis do peche do servizo do "comedor sobre rodas" en Ourense que deixara fora a 58 usuarios, o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez, confirma que quedou asinado co concello o convenio para prestar o servizo de "Xantar na casa". A implantación será progresiva ofrecendose primeiro a quince primeiros, ao que se irán sumando cada semana outros cinco ate chegar, en principio, a 62 persoas.

Unha das diferencias co comedor sobre rodas está nos repartos do xantar, que pasan de ser case diarios, a unha vez por semana, xa que a empresa que traballa para a Xunta déixalles aos usuarios catorce bandexas para os sete dias da semana que deberán conservar en neveira e ir consumindo usando microondas, que en caso de non posuílo se lles cederá en préstamo.

Serán os Servizos Sociais do Concello de Ourense os que elaboresn os expedentes dos potenciais usuarios que deberán cumplir cas condicions que fixa o servizo sendo principalmente maiores de 60 anos, que teñan limitada a sua capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que supla dita situación, persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiren de axuda para a preparación de alimentos ou menores de 60 anos en situación de exclusión social, certificada polos servizos sociais.

O responsable do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez destacou que tentarán tramitar todo "ca meirande axilidade posible". Ademáis anunciou a licitación que permitirá ampliar o servizos a uns 3000 usuarios en Galicia chegando tamén a máis concellos.