O Concello de Ourense continúa coa plantación de árbores en diferentes zonas da cidade, ademais de repoñer aquelas existentes que por unha outra causa necesitan a súa renovación. A última actuación desenvolveuse no barrio de Barrocás onde, tras plantar hai uns días dúas oliveiras centenarias, se plantaron agora un total de 26 unidades de Lidiodendros tupilifera, na mediana de Chano Piñeiro. Son exemplares de 5 metros e calibre 16-20, que veñen cambiar a fisionomía desta rúa, que estaba despoboada de masa vexetal.
Estas 26 árbores súmanse ás 20 que se plantaron recentemente na remodelación de Oira (14 na zona do novo aparcamento, e 6 máis na beirarrúa de acceso á zona recreativa).