A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza desde hoxe a actividade "Mascotas" enmarcada na programación da Aula da natureza do río Miño. Trátase dun ciclo de obradoiros para nenas e nenos de diferentes idades que ten como finalidade achegarlles coñecementos sobre os cans e os gatos, de xeito que poidan valorar a importancia que teñen como animais de compañía e fonte constante de alegría e cariño. Tamén se pretende conciencialos sobre os coidados e responsabilidades que require unha mascota, inculcándolles comportamentos para paliar o abandono, sendo conscientes de que un animal non é un xoguete. A actividade está impartida por Miguel Gonzalez, educador de cans, e persoal da Escola Canina D.O.C.C.A.N, e pretende resolver in situ as dúbidas das cativas e dos cativos.
O ciclo de obradoiros será cada día de 10 a 12h con grupos 25 alumnos de 3º de Educación Primaria do colexio María Auxiliadora. Continuará a semana próxima con novos grupos dos centros Manuel Luis Acuña, Mariñamansa e Miraflores, para un total de 183 alumas e alumnos.